top es ga eu fr en

Levamos ofrecendo os nosos servizos a moitos clientes que, dende 1978, veñen confiando en nós. Clientes, amigos, que non veñen á procura de grandes vistas, nin un elegante lugar na rúa principal, ni tampouco pratos agochados detrás dun sofisticado nome. Todo o contrario: somos de bacallau e costela, de polbo e centola, de nécora e de lagostino. Excelente materia prima e cociña de toda a vida. Este son eu, e esta é a miña casa, o Karlo´s. Un pequeno restaurante situado nun gran barrio, o barrio de Santutxu. Benvidos.

Antonio Cabana, propietario

mapa

labarra

A barra do Karlo´s é unha experiencia única no seu xénero. Un constante boureo de pratos do mellor froito dos nosos mares: pintxos de bacallau, zamburiñas, polbo, camarón, percebes, ostras, caramuxos, gambas, vieiras, navallas... todo ten un oco na apertada barra para nos gorentar nun espectáculo de arrecendo e cor, que sublimará o seu padal acompañado dun fresco e excelente Albariño. Mentres, os máis veteranos do lugar, xogan a súa partida de mus.

fotos

El Restaurante

No Restaurante Karlo´s o trato a tódolos clientes é o mesmo: próximo, distendido, de ti a ti. Ofrecemos tres comedores diferenciados: o comedor principal para 70 comensais, recibe a pequenos e grandes grupos; o comedor barra para 30 comensais; e o comedor museo para 20 comensais, máis íntimo, recibe a parellas en mesas de dous. Tódolos nosos clientes acoden cun único fin: gozar da compaña, do pracer da boa mesa, e da cociña de toda a vida. Os nosos afanosos cociñeiros farán que o seu padal non esqueza as delicias que agardan por vostede.

Fotos

Se non atopou un Menú que sexa do seu agrado ou desexa substituír calquera prato, díganolo e confeccionarémolo ó seu gusto

Museo

O Museo de Hostalería Cabana é froito da paixón de Antonio Cabana por coleccionar todo aquilo que se relaciona co mundo da publicidade na hostalería, unha afección que espertou nel hai máis de 40 anos. Edicións limitadas, botellas sorprendentes, vasos, gorras e obxectos curiosos que suman máis de 100.000 artigos e que axiña poderá observar na páxina web dedicada ó Museo Cabana. Para os máis curiosos, velaquí unha pequena mostra...

Fotos